Escoitar

O alcalde dá a benvida aos presidentes dos TSX de España que celebran as súas XVII Xornadas Anuais en Vigo

Abel Caballero louva a acción da xustiza ante os 15 presidentes dos Tribunais Superiores de Xustiza de España presentes no evento. O rexedor agradece ao anfitrión, o presidente do TSXG, José María Gómez y Díaz-Castroverde, que elixira Vigo para celebrar o encontro.

luns, 23 mai 2022
O alcalde na recepción aos presidentes dos Tribunais Superiores de Xustiza de España
O alcalde na recepción aos presidentes dos Tribunais Superiores de Xustiza de España

Caballero achegarase ás XVII Xornadas Anuais dos presidentes dos Tribunais Superiores de Xustiza de España. O alcalde quere manifestar o apoio dos alcaldes e alcaldesas de España á función da xustiza e agradecer o traballo que fan neste ámbito.

Neste evento, os presidentes dos TSX “marcan as súas opcións e opinións sobre ámbitos importantes de aplicación na xustiza e a forma de levalo a cabo”. Caballero quere agradecer ao anfitrión, o presidente do TSXG, José María Gómez y Díaz-Castroverde, ter elixido Vigo para a celebrar o encontro: “Agrádanos que sexa en Vigo. É unha cidade importante para a xustiza. Nesta cidade houbo un intento de suprimir o partido xudicial, pero a presencia do encontro ratifica a súa importancia”, dixo o alcalde en declaracións aos medios.

Xuntanza coa ministra de Xustiza

O alcalde adiantou que o na xornada do martes reunirase coa ministra de Xustiza, Pilar Llop. Un dos temas a tratar na xuntanza será a conversión dos xulgados de paz en oficinas de xustiza “para impartir xustiza desde municipios máis pequenos”. Caballero afirmou que desde Vigo terá toda a cooperación para este procedemento e recoñeceu o traballo de Llop ao fronte do ministerio.

O alcalde na recepción aos presidentes dos Tribunais Superiores de Xustiza de España
Descargar todas as imaxes