Unanimidade do pleno no apoio aos familiares das vítimas do naufraxio do Villa de Pitanxo
A Corporación aprobou por unanimidade instar ao Goberno de España a por en marcha unha operación de traballo subacuático para localizar o buque “Villa de Pitanxo”.
Unanimidade no pleno do Concello de Vigo para apoiar as familias das vítimas do naufraxio do Villa de Pitanxo. A petición das familias, trasladouse ao pleno a proposta do edil non adscrito instar ao Goberno de España a posta en marcha dunha operación de traballo subacuático que permita localizar o buque, descender ao mesmo e elaborar un traballo fotográfico e audiovisual sobre o seu estado, así como recoñecer a súa contorna e zona exterior para verificar a localización dos corpos dos tripulantes desaparecidos.
Ademais, tamén ínstase ao Goberno de España a cumprir o compromiso adquirido de baixar ao buque.
Abel Caballero pechou o debate reiterando "o seu apoio persoal" aos familiares das vítimas e comprometeuse para interceder ante o presidente do Goberno, Pedro Sánchez.