Escoitar

O albergue municipal atendeu a 854 persoas en risco de exclusión social

O alcalde deu a coñecer os datos do CIIES do ano 2021 e cifrou as pernoctas no albergue municipal en 11.762 e valorou positivamente que o 67% dos usuarios completen os proxectos de inserción. O albergue municipal ten unha partida orzamentaria de 785.000 euros.

martes, 19 abr 2022

Abel Caballero fixo balance do CIIES no ano 2021, un ano marcado pola pandemia no que os servizos sociais atender a 854 persoas en risco de exclusión social. O servizo do albergue atendeu a 208 persoas e 242 foron derivadas de xeito puntual a hostais pola situación de emerxencia social ou por a vaga de frío dos meses de inverno. “O único albergue municipal de Galicia”, subliñou o rexedor.

Tamén cifrou en case 20.000 as comidas do comedor social, do que fixeron uso 490 persoas. “Facilitamos o servizo de xeito presencial e a domicilio por mor da pandemia”, explicou. A unidade de hixiene atendeu a 336 persoas que fixeron 14.295 usos. O servizo de lavandería rexistrou 7.980 intervencións.

O Concello fai unha valoración multidisciplinar aos usuarios por parte dos usuarios do albergue, onde son atendidos por unha traballadora social, unha psicóloga e unha educadora social. “O obxectivo é coñecer a súa situación”, puxo de manifestou. Caballero valorou positivamente os proxectos de inserción levados a cabo no CIIES: “Se completaron ao 67%. É un dato moi significativo”

Caballero tamén explicou que medraron as intervencións do “Equipo de rúa” que atendeu a 257 persoas, un 25% máis. Tamén deu a coñecer as melloras levadas a cabo no 2021 no CIIES coa incorporación de novos equipos informáticos para os usuarios e novos electrodomésticos para o comedor.

Por mor da pandemia, os servizos sociais trasladaron a 285 persoas a facer PCR ou á vacinación. “Nos adaptamos á situación de pandemia”, concluíu.

Descargar todas as imaxes