O programa municipal de Axuda no Fogar celebra o Nadal
xoves, 19 dec 2024A celebración terá lugar esta tarde no Pazo Los Escudos con preto de 350 asistentes. O alcalde salientou que o Concello “adica á dependencia 10,7 millóns de euros”.
A celebración terá lugar esta tarde no Pazo Los Escudos con preto de 350 asistentes. O alcalde salientou que o Concello “adica á dependencia 10,7 millóns de euros”.
O alcalde detallou a atención prestada polo programa municipal durante o pasado mes no que un total de 252 menores recibiron apoio socioeducativo.
O teatro cine Salesianos acolle este xoves a festa na que participarán persoas das diferentes asociacións veciñais e sociais que ao longo de todo o ano se suman ás actividades do programa “Vigo, cidade amiga dos maiores”.
O goberno local está a reforzar a capacidade do albergue habilitando 4 camas máis nas instalacións municipais de Marqués de Valterra, dadas as previsións de baixas temperaturas. Activouse o dispositivo de frío coa unidade de rúa animando ás persoas sen fogar a durmir baixo teito e distribuíndo bebidas quentes e mantas.
O Concello vén de outorgar 4.038 bolsas de comedor por un importe de 1,7 millóns. O curso pasado adxudicáronse 3.956 axudas– 82 menos que este ano- por importe de 1.685.000 euros.
O alcalde deu conta este martes do desenvolvemento do programa “Bailes en Vigo” que continúa en diferentes espazos veciñais e sociais da cidade.
O alcalde pon en valor o programa municipal “Bailes en Vigo” que se desenvolve en espazos próximos á cidadanía en toda a cidade. “Favorecemos ocio, vida saudable, e socialización”, sinala o rexedor.
Abel Caballero participou este martes na inauguración do novo centro de maiores que prestará servizo de atención e coidados nas súas instalacións de Tomás Alonso. O alcalde, xunto á concelleira de Benestar Social, Yolanda Aguiar, visitou os diferentes espazos do centro, que conta con 125 camas, acompañado da dirección e parte do equipo, e valorou a súa situación e o seu proxecto de atención ás persoas maiores.
O alcalde deu conta esta mañá da solicitude dunha subvención de medio millón de euros de fondos europeos para desenvolver un proxecto que permita aplicar novas tecnoloxías para mellorar a calidade de vida das persoas con dependencia. Trátase de facilitar o acceso aos servizos ás persoas que precisan de maior apoio así como a seus familiares ou coidadores.
O Concello avanza na presentación do cuarto “Plan local de adiccións con e sen substancias”, ademais de traballar en “medidas públicas de impacto” para abordar os trastornos de conduta e os problemas de saúde mental provocados polo uso das novas tecnoloxías. Así o avanzou este xoves a concelleira de Política Social, Yolanda Aguiar, ante os participantes no acto de conmemoración do “Día Mundial da Saúde Mental”, celebrado co lema “Traballo e saúde mental, un vínculo fundamental”.