O programa VigoInclusivo leva ao Auditorio de Teis a música de “Detapas”
O Auditorio de Teis acollerá este sábado, 16 de maio, un concerto do grupo de música tradicional “Detapas”, nacido dentro da Fundación Igualtarte, que ofrece un repertorio de temas orixinais no que, amais dos sons galegos, exploran outras sonoridades. O recital enmárcase no programa VigoInclusivo co que o Concello quere promover espazos de lecer inclusivo para persoas con diversidade funcional e para as súas familias.