Escoitar

Abel Caballero visita a montaxe da Feira Internacional Navalia

O rexedor vigués achegouse ata o IFEVI onde o martes comeza a Feira Internacional de Navalia, para amosar o apoio e recoñecemento á organización da cita, que volverá situar a Vigo no centro da actividade naval mundial. Navalia comezou a súa montaxe o luns con máis de 350 traballadores, que levan a cabo a construción dos stands para a décima edición, sobre a que o alcalde afirmou que "segue impresionando porque cada vez é distinta, cada vez é nova e cada vez incorporanse novas firmas". "Isto é a tecnoloxía, é o emprego, é a capacidade de construír, é o naval", destacou Caballero, tras percorrer os catro pavillóns que se preparan para recibir cifras récord de participación e unha destacada presenza de empresas e delegacións extranxeiras. A feira celébrase do 19 ao 21 de maio e contará con 602 stands. O alcalde estivo acompañado por José García Costas, presidente de Navalia, e varios membros del Comité Executivo.

venres, 15 mai 2026
Descargar todas as imaxes