O Goberno local aproba novas obras de renovación do firme en 21 rúas
A Xunta de Goberno do Concello aprobou este venres a execución das obras de asfaltado en 6 parroquias da cidade por valor de 877.298 euros.
O alcalde explicou que a pavimentación mellorará vías das parroquias de Matamá, Castrelos, Sárdoma (Salgueira), Valadares, Beade e Bembrive.
Estas obras súmanse ás anunciadas a principios de ano noutras 57 rúas de Teis, Lavadores, Candeán, Cabral, lavadores, Valadares, Zamáns, Matamá, San Xoán e Alcabre, cun investimento de 3,5 millóns de euros.
O goberno local realizará traballos de asfaltado en 372 rúas. En Matamá actuarase en 14 rúas; en Beade en 21; en Lavadores en 37; en Castrelos en 17; en Cabral en 34; en Bembrive en 11; 82 no centro; 31 en Teis; 28 en Valadares; 5 en Sampaio; 7 en Comesaña; 16 en Coruxo; 4 en Zamáns; 7 en Sárdoma; 11 en Oia; 4 en Navia; 2 na Salgueira; 12 en Alcabre; 15 en Candeán e 7 en Saiáns.
Novas Obras
- Rúa Chabarras
- Camiño Costa da Rúa
- Camiño Monte
- Camiño Norberto
- Camiño Romeo
- Camiño Sumata
- Estrada Venda
- Camiño Camiño Cemieiras
- Camiño Centieira
- Camiño Monte da Serra
- Camiño Camposancos
- Camiño Carapucha
- Camiño Vello A Moo
- Camiño Vilar
- Camiño Canotais
- Camiño Igrexa
- Ramal Igrexa
- Estrada Portal
- Estrada Souto
- Estrada Valadares
- Segunda travesía da Salgueira