martes, 12 maio 2026

O alcalde presenta a Guía Xurídica sobre Saúde Mental

martes, 12 mai 2026

O Concello apoia a difusión do documento elaborado pola Fundación Salma para animar ás persoas con problemas de saúde mental e a quen lles apoia a exercer os seus dereitos legais, sociais e económicos ante as administracións públicas. A guía será presentada no Museo Marco o xoves 4 de xuño nunha sesión formativa dirixida aos profesionais dos ámbitos xurídico, social e do terceiro sector de Vigo.

Vigo contará en xuño co oitavo xulgado de instrución

martes, 12 mai 2026

O alcalde informou este martes que no mes de xuño aprobarase o Real Decreto de creación de 500 unidades xudiciais, que inclúe o restablecemento do oitavo xulgado de instrución de Vigo. Caballero sinalou que así llo trasladou o ministro de Xustiza, Félix Bolaños, "co que estiven en Madrid". O Real Decreto incluirá ademais tres prazas na sección civil da cidade.