Escoitar

O Concello financia obras de eficiencia enerxética en 12 vivendas de Santa Clara

O alcalde deu conta esta mañá do avance do Programa de axudas para a rehabilitación de vivendas e mellora de eficiencia enerxética. Concretamente, esta mañá achegouse aos 12 pisos de Santa Clara que veñen a sumarse ás máis de 400 vivendas nas que se fixeron importantes actuacións de mellora.

xoves, 14 mai 2026

O Concello está actuando en 12 ámbitos da cidade cun orzamento de 6,4 millóns de fondos europeos. Esta iniciativa permite mellorar a eficiencia enerxética con actuacións de illamento e instalación de sistemas de calefacción.

O alcalde visitou este xoves os edificios de Santa Clara nos que se realizaron obras de rehabilitación afectando a un total de 12 vivendas, cun investimento de 193.000 euros e unha subvención de 129.710 euros. Tal e como detallou, en Santa Clara 1 actuouse en 6 vivendas cun orzamento de 93.621 euros e unha subvención de 58.572 euros, o que supón 62,6 do custo%. Respecto ao número 8, tamén con 6 pisos, o investimento foi de 100.145 euros e subvención alcanzou os 71.137 euros, o 71%. Segundo aclarou Caballero, renováronse as fachadas e realizáronse cambios de cuberta en retirada de amianto.

Rematou explicando que xa se rehabilitaron máis de 400 vivendas en Vigo e nestes momentos estase a actuar en 6 edificios de Coia suman 159 vivendas. O "noso obxectivo, dixo, é atender a todo os proxectos que nos presentan o que nos permitiría alcanzar unha execución de fondos superior ao 90%".

Son doce as áreas de Vigo as que poden acollerse a estas axudas financiadas co Fondo de Transformación e Resilencia: Coia, San Roque, Casco Vello, Bouzas, Casas Santa Clara, Beiramar, San Pablo, A Salgueira, O Gorxal, discontinua de Alcalde Lavadores-Canicouva- Escolas Públicas.

Descargar todas as imaxes