xoves, 6 xul 2023
Abel Caballero saudou este mércores ás arredor de 300 persoas que asistiron á festa de verán do Servizo de Atención a Domicilio do Concello que se celebrou no Hotel Attica 21 en Samil. Música e baile tradicional, maxia, animación e baile foron os ingredientes deste encontro no que as persoas maiores, as súas familias, coidadores e o persoal do servizo se xuntan para compartir unha xornada de festa e diversión.
mércores, 5 xul 2023
Na súa intervención durante a clausura da xornada “Talentos” organizada por Inserta Empleo, entidade da Fundación ONCE para a formación e emprego das persoas con discapacidade, Abel Caballero alentou ao empresariado a empregar a persoas con discapacidade nun momento contexto no que a “sociedade é distinta e demanda valores distintos”. Así, sinalou que as empresas deben ser “lugares de encontro transversais” nos que se “abra a transversalidade da sociedade”. No acto de peche participou tamén Mar Medeiros, directora da de RSC da Fundación ONCE.
venres, 30 xuñ 2023
O alcalde achegouse esta mañá á Porta do Sol para saudar aos máis de trinta e cinco profesionais que forman parte do programa de Coidadores de Barrio. Este servizo, que conta cun orzamento de 610.000 euros, préstase durante todo o ano, en horario de mañá e de tarde. Durante o encontro, Caballero felicitou aos traballadores e traballadoras pola súa labor que vai desde acompañamentos a médicos ou compras ata axudas para a realización de trámites ante as distintas administracións.
venres, 9 xuñ 2023
Abel Caballero participou este venres na inauguración do XXXIII Congreso Internacional de Xerontoloxía e Xeriatría que se desenvolve no museo Verbum baixo o lema “Soidade e illamento social. Novos retos e recursos”. O rexedor puxo en valor o traballo que desenvolven os profesionais dedicados a atender as persoas maiores e defendeu a necesidade de acordar un “gran pacto social para erradicar a súa soidade” porque “non podemos permitir que unha parte da sociedade viva en situación de soidade non desexada”.
xoves, 1 xuñ 2023
O alcalde informou este xoves da apertura dun período de 20 días hábiles para a solicitude das axudas para comedor e material escolar do alumnado de centros públicos e concertados da cidade para o vindeiro curso 2023-2024.
mércores, 31 mai 2023
“Vigo, cidade amiga dos maiores” tamén ofrecerá este verán 3.000 prazas para actividades ao aire libre. Abel Caballero sinalou que “levamos concedidas 2.258 axudas de emerxencia por valor de 551.158 euros”.
martes, 16 mai 2023
O Concello de Vigo súmase á conmemoración desta xornada, que se celebra cada 16 de maio, e que ten como fin dar visibilidade e apoio ás persoas celíacas. Así, as fontes da rúa Aragón tinguiranse de azul este martes pola noite.
xoves, 27 abr 2023
A Fundación INGADA presentou xunto ao rexedor a I Xornada sobre TDAH e Muller que se celebra o venres 5 de maio no Auditorio Municipal desde as 10 ata as 19 horas con exposicións de expertas na materia.
martes, 25 abr 2023
O BOPPO publica hoxe as bases das axudas para mellorar a accesibilidade en edificios residenciais. As comunidades ou grupos de propietarios poderán pedir desde hoxe estas achegas.
luns, 24 abr 2023
“Vigo, cidade amiga dos maiores” suma 7.500 prazas de talleres, cursos, actividades de lecer, dixitalización e mesmo paseos en barco ata finais de ano. A participación pode solicitarse a través do teléfono 010 ou das asociacións e oficinas de distrito nas que se desenvolven as actividades.