ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL
venres, 16 set 2011
Comunícaselles a todas as persoas interesadas que o prazo para a presentación de solicitudes de inscrición na escola Municipal de Danza para o curso 2011-12 será desde o día 15 ao 30 de setembro. Os prezos da matrícula polo curso completo son 20 euros (alumnados de 4 a 7 anos), 26 euros (restantes curso de danza) e 14 euros (percusión).
BANDO DE MOBILIDADE, TRANSPORTES E SEGURIDADE
venres, 9 set 2011
De conformidade có disposto no artº 3 da "Ordenanza Municipal reguladora do transporte regular especial de uso escolar", aprobada inicialmente polo Pleno Municipal en data 10 de abril de 1992 e, definitivamente polo Pleno Municipal en sesión de 11 de septiembre de 1992, recórdase aos titulares das empresas de vehículos adicadas á realización do servicio de transporte escolar dentro do casco urbano, que antes do comenzo do vindeiro curso 2011 - 2012 (setembro 2011), deberán dispor da oportuna AUTORIZACIÓN MUNICIPAL.
ANUNCIO DA XERENCIA DE URBANISMO
venres, 9 set 2011
Aprobada a Ordenanza municipal para a regulación das axudas á rehabilitación de edificios e vivendas na Área de rehabilitación do Casco vello e na Área de rehabilitación do Barrio histórico de Bouzas e publicada nº BOP nº185 de 24.09.2010, e asinados os convenios correspondentes se procede a convocatoria pública das solicitudes de axudas:<br />
ANUNCIO DE MOBILIDADE, TRANSPORTES E SEGURIDADE
venres, 12 ago 2011
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras da nova canalización de abastecemento ao Morrazo, a realizar pola empresa UTE MORRAZO EXCOVER BARDERA, estará pechado un carril en cada sentido da rotonda de TRAVESIA DE VIGO con Cantabria, dende o mércores 17 de agosto de 2011 ás 10:00 horas e por un período aproximado de duas semanas.
venres, 12 ago 2011
A Concellaría de Política de Benestar realizar actividades durante o veran nos parques biosaudables e prazas da cidade. Son actividades dunha hora de duración, gratuitas e sen inscripción.É unha oferta dirixida a toda a poboación, prestando especial atención ás persoas maiores acompañadas dos seus netos, fillos, parellas, veciños,etc.
ANUNCIO DE MOBILIDADE, TRANSPORTES E SEGURIDADE
luns, 8 ago 2011
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de asfaltado por obras de canalización eléctrica, a realizar pola empresa MARCO OBRAS Y PROYECTOS, estará pechada ao tráfico a rúa VILAR (LAVADORES), con acceso exclusivo para garaxes, dende o martes 09 de agosto de 2011 ás 08:00 horas e por un período aproximado dun día.