Escoitar
Anuncio de Urbanismo

EXPOSICIÓN PÚBLICA ESTUDIO DE DETALLE RUA TRAVESIA PINO Nº 6 (EXPTE 13281/411)<br />

venres, 12 ago 2011
A Xunta de Goberno Local en sesión ordinaria do 29 adoptou entre outros o seguinte acordo:


PRIMEIRO: De conformidade cos informes técnicos que constan no Exp. nº 13281/411, aprobar inicialmente o «ESTUDIO DE DETALLE TRAVESÍA DE PINO, Nº. 6», promovido pola mercantil "Promociones Bonafides, SL.." e redactado pola arquitecta Dª. Mar Martínez Boga, con visado colexial de data 28.02.2011.

SEGUNDO: Abrir un trámite de información pública polo prazo de 20 dias hábiles, mediante a publicación de anuncios no DOG e nun dos xornais de maior circulación da provincia, así como na páxina web do Concello de Vigo.

TERCEIRO: Notificar o contido íntegro deste acordo aos interesados, entre os que se contarán as Comunidades de Propietarios dos edificios de Avenida Alcalde Gregorio Espino nº. 8 (esquina Travesía de Pino) e Telefónica de España, S.A. (rúa Urzaiz, nº. 133), coa indicación de que non é susceptible de recurso ningún por tratarse dun mero acto de trámite.

Sométese o presente expediente ó trámite de información pública polo prazo VINTE DIAS HABILES, mediante publicación no DOG, e nun dous xornais de maior circulación da provincia. O prazo de exposición pública entenderase aberto dende a primeira publicación ata o remate dos vinte días contado dende o derradeiro anuncio.

A documentación do presente expediente atópase ao dispor do público en xeral na oficina de Información Urbanística, na planta baixa da Xerencia.