Caballero apunta que "hai auga para dous meses" na área de Vigo e insta á Xunta a asumir a súa "responsabilidade"
Tras unha reunión cos responsables de Aqualia, o alcalde remitiu hoxe xoves o envio dunha carta ao conselleiro de Medioambiente da Xunta de Galicia para que "adiante a reunión" con Caldas, Soutomaior, Fornelos e Vigo para solventar canto antes o "serio risco" de desabastecemento que sufre a área metropolitana viguesa. É "responsabilidade única" da Xunta de Galicia, explicou Caballero, quen recordou que, de non chover, "Nigrán e Baiona entrarán el alerta vermella".
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este xoves que "hai auga para dous meses" na área viguesa e instou á Xunta de Galicia a asumir a súa "responsabilidade" para garantir o subministro.
Despois de manter hoxe unha reunión con responsables de Aqualia, Abel Caballero informou do envio dunha carta ao conselleiro de Medioambiente, Agustín Hernández, solicitándolle o adianto dunha reunión entre a Xunta, Caldas, Soutomaior, Fornelos e Vigo que a Consellería fixou para finais de mes, co obxectivo de abordar o "acopio de auga para o área de Vigo", urxente porque "os datos son moi preocupantes".
Caballero explicou que o consumo aumenta un 20% en días de calor, polo que, de rexistrarse un agosto e setembro calurosos, "o sistema de abastecemento de auga de toda a área metropolitana de Vigo vai colapsar". Esta "situación moi alarmante" é un "problema global que ten que asumir a Xunta de Galicia", recordou.
O nivel do encoro de Zamans, indicou Caballero, está ao 62%, o que significa que, a mediados de outubro, "se non chove, Nigrán e Baiona entrarán en alerta vermella", e sería "responsabilidade única da Xunta de Galicia".
O alcalde de Vigo recordou que ten pedido hai dous meses á Xunta de Galicia unha solución, que pasaría ter xa iniciada a construcción do azud do Verdugo -un tubo de conexión co Oitavén- co obxectivo de usalo para o consumo humano so "cando se necesite".
Descargar todas as imaxes