Isaura Abelairas aposta pola potenciación do Festival Folclórico Internacional

A concelleira de Cultura e Festas, Isaura Abelairas, ven de presentar o programa do XVII Festival Folclórico Internacional, enmarcado na Semana Grande, e que se celebra do 9 ao 14 de agosto. A concelleira resaltou a aposta do Concello por potenciar este festival que terá o acto central o sábado día 13 de agosto no Auditorio Mar de Vigo. Todas as actuacións son con entrada libre ata complear aforo.

mércores, 10 ago 2011
1312981372isaura.jpg
Emilio Sotelino, coordinador do Festival , agradeceo ao Concello e destacou como un logro importante a actuación central no auditorio Mar de Vigo, por consideralo como un grande escenario e de alta categoría.

Catro grupos procedentes de Mexico, Turquía, Taiwan e Cataluña son os encargados de ofrecer as actuacións do Festival Folclórico en locais sociais e culturais de Matamá, Beade, Valadares, Bembrive, San Miguel de Oia, e nas zonas peonís de Montero Ríos, Príncipe, Calvario, Constitución e praza de Compostela.

O acto central será o sábado 13 de agosto no auditorio Mar de Vigo. Ás 21 horas será a apertura de portas; ás 22.00 horas o alcalde ofrecerá unha recepción aos grupos participantes e as 22.30 horas comezará o espectáculo coa actuación dos grupos Compañía de Danza Fusión Folclórica, Danza Chinesa Art Ensemble, Grupo Esbart Rocasagna Gélida, Folclore Dernegi Kulubu Genclik Spor , Corisco, Lembranzas Galegas e Escola Municipal de Danza.


Programación do Festival

Acto central: 13 de agosto "Auditorio Mar de Vigo" ás 22,30 horas (entrada libre ata completar o aforo).

Actuacións en barrios da cidade dos grupos folclóricos internacionais de Turquía, Taiwan, Cataluña e México.
• Alameda SCD Atlántida de MATAMÁ: 9 de agosto ás 21,30 horas. Grupos de Turquía, Taiwan e Cataluña
• AVCU – CSCR de BEADE: 10 de agosto ás 21,30 horas. Grupos de Turquía, México e Cataluña
• CVC de VALADARES: 11 de agosto ás 21,30 horas. Grupos de México, Taiwan e Cataluña.
• SCDR HELIOS DE BEMBRIVE: 12 de agosto ás 21,30 horas. Grupos de Turquía, México e Taiwan.
• AVCC de SAN MIGUEL DE OIA: 14 de agosto ás 21,30 horas. Grupos de Turquía, México e Taiwan

Animacións de rúa ás 12:00 horas nos seguintes espazos:
• Montero Ríos, 9 de agosto, martes. Compañía de Danza Fusión Folclórica
• Mercado de Teis, 9 de agosto, martes. Danza Chinesa Art Ensemble.
• Rúa Príncipe, 10 de agosto, mércores. Grupo Esbart Rocasagna Gélida
• Peonil do Calvario, 11 de agosto, xoves. Folclore Dernegi Kulubu Genclik Spor.
• Zona Independencia-Travesas, 12 de agosto, venres. Grupo Esbart Rocasagna Gélida.
• Praza da Constitución, 13 de agosto, sábado. Compañía de Danza Fusión Folclórica
• Bouzas, praza de Compostela e Porta do Sol 14 de agosto, domingo. Folclore Dernegi Kulubu Genclik Spor, Danza Chinesa Art Ensemble.

Descargar todas as imaxes