Escoitar

Danza, poesía, vídeo e música no Verbum

O mércores 10 de agosto haberá unha nova sesión do ciclo Mércores no Solpor na azotea do museo Verbum dedicado á danza, poesía, vídeo e música. A actuación será ás 20.30 horas con entrada gratuíta ata completar aforamento( 220 persoas).

martes, 9 ago 2011
1312890897cartelsolpor.jpg
Un ano máis a azotea do Museo Verbum celebrará os seus Mércores no solpor. Esta 6ª edición volta a ser un punto de encontro para artistas de distintas disciplinas (música, poesía, danza, cabaré etc) onde experimentar e crear actuacións irrepetibles onde a palabra se deixa arroupar pola música, a música nutrir pola palabra, a palabra influír pola danza, a danza inspirar pola palabra a palabra como motor desta busca de diálogos e interaccións entre artistas ,onde a complicidade do público asistente e a beleza dos solpores na azotea converten o ciclo nunha oferta diferente e sen dúbida de extraordinario atractivo para a cidadanía.

10 agosto - Danza, poesía, vídeo e música

Indio Palo
Tras-Cendere

Presentación deste novo colectivo artístico e amén da súa proposta multidisciplinar Tras-Cendere coa coreógrafa e bailarina Roser Garriga (Cataluña), a escritora e poeta ChicaTriste (Valencia), o vídeo de Pau Pez (Galicia) e a música dos compoñentes de Sulxeitos, Isaac Garabatos e Jesús Andrés Tejada (Galicia).
Descargar todas as imaxes