martes, 9 agosto 2011

O alcalde prevé ampliar a xuño e setembro o servizo de cadeiras nas praias para discapacitados

Abel Caballero, xunto á tenente de alcalde, Carmela Silva, e á concelleira de Política do Benestar, Isaura Abelairas, visitaron este martes O Vao para presenciar o servizo municipal de cadeiras anfibias que permite aos discapacitados acceder ao baño neste Areal e en Samil en xullo e agosto. O alcalde apuntou que, de cara ao próximo verán, o obxectivo é amplialo para estar dispoñible do 15 de xuño ata o 15 de setembro.

Danza, poesía, vídeo e música no Verbum

martes, 9 ago 2011

O mércores 10 de agosto haberá unha nova sesión do ciclo Mércores no Solpor na azotea do museo Verbum dedicado á danza, poesía, vídeo e música. A actuación será ás 20.30 horas con entrada gratuíta ata completar aforamento( 220 persoas).

Teatro, obradoiros e xogos centran a programación infantil das Festas

martes, 9 ago 2011

A concellería de Cultura e Festas programa teatro infantil durante seis xornadas (do 8 ao 13 de agosto, ás 20 horas na rúa Londres); xogos olívicos de verán "Vigo 2011" a cargo de Popín Animación, do 6 ao 13 de agosto de 18:30 a 21:30 horas na Alameda de Bouzas, Independencia, a zona peonil do Calvario e A Riouxa; e o Garabato do Xogo, trinta xogos de habilidade con materiais reciclados na Praza de Compostela, de 17 a 21 horas.