luns, 8 agosto 2011

Caballero amosa a súa preocupación pola redución das axudas autonómicas á Rede de Mulleres contra os Malos Tratos

O rexedor garantiu hoxe luns manter ás achegas municipais que recibe a Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo. Caballero, quen asumiu este compromiso durante un encontro con responsables da organización, cualificou de "preocupante" a situación da organización, logo de que as responsables da mesma lle traladaran a decisión da Xunta de rebaixar as achegas autonómicas nun 80%".

O alcalde reitera que todas as antena de telefonía instalaranse na cidade cumprindo coa legalidade

luns, 8 ago 2011

Abel Caballero mantivo este luns unha reunión de traballo cos responsables de Telefónica para Galicia, a quen transmitiulles cuestións relativas ao servizo na cidade, en particular ao rural, e recordoulles que deberán seguir mantendo o "respecto á legalidade" no tocante á instalación de novas antenas de telefonía móbil. O rexedor vigués avogou por "cumprir escrupulosamente todos os requisitos das ordenanzas" municipais ao efecto.

Comeza o Festival Folclórico Internacional

luns, 8 ago 2011

O programa do Festival Folclórico Internacional celebrarase do 9 ao 14 de agosto con actuacións en barrios da cidade de grupos folclóricos internacionais de Turquía, Taiwan, Cataluña e México. O acto central terá lugar no Auditorio Mar de Vigo o sábado 13 ás 22:30h. Todas as actuacións son con entrada libre.

ANUNCIO DE MOBILIDADE, TRANSPORTES E SEGURIDADE

Pechada ao tráfico a rúa VILAR (LAVADORES)

luns, 8 ago 2011

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de asfaltado por obras de canalización eléctrica, a realizar pola empresa MARCO OBRAS Y PROYECTOS, estará pechada ao tráfico a rúa VILAR (LAVADORES), con acceso exclusivo para garaxes, dende o martes 09 de agosto de 2011 ás 08:00 horas e por un período aproximado dun día.