Escoitar

Manuel Manquiña e Tony Lomba abren a Semana Grande das Festas de Verán

A Semana Grande das Festas de Verán comezará o sábado 6 de agosto ás 12 horas na praza da Constitución cun espectáculo a cargo da Manuel Manquiña e Tony Lombra con Troula Animación. O auditorio de Castrelos reunirá nun concerto ás 22.30 a Ragdog, Miguel Costas, Eladio y los Seres Queridos e Iván Ferreiro. Ás 21 horas dará saída a maratón fotográfica desde a praza do Pobo Galego. Ás 20 horas na praza da Princesa a banda Lira de San Miguel de Oia iniciará o ciclo de concertos "Un mar de Bandas" e na Alameda de Bouzas, o paiaso Popin animará ao público infantil.

venres, 5 ago 2011
1312545212cartelfestas.jpg.jpg
O Festival Son de Vigo reúne en Castrelos a Ragdog, Miguel Costas, Eladio y los Seres Queridos e Iván Ferreiro

A partir das 22.30h do sábado 6 de agosto na última xornada do festival

O sábado 6 de agosto o escenario do Parque de Castrelos acolle a catro dos grupos de Vigo con maior proxección na historia musical da cidade. As catro propostas cobren un amplísimo espectro de tendencias e gustos; alí estarán Ragdog, un dos grupos pop-rock revelación do Estado nos últimos anos entre o público novo; noutra xeración enmárcase o ex Siniestro Total, Miguel Costas, que fará un repaso a algúns dos seus temas máis populares; seguirá Eladio y los Seres Queridos ou, o que é o mesmo, o triunfo paseniño do pop das historias cotiás, e pechará este fin de festa Iván Ferreiro, un dos artistas galegos máis consolidados no panorama do pop-rock en español desde os seus tempos de líder de Los Piratas. A todos eles sumaranse os mestres de cerimonias: Tony Lomba e o actor Manuel Manquiña.

Os que queran gozar das actuacións ben preto dispoñerán de entradas a prezo popular: 3 euros. A venda anticipada de entradas realízase até a víspera a mediodía a través de www.servinova.es, no teléfono 902 434 443 (ambos con 0,75 céntimos de gastos de distribución) e até o mesmo sábado ás 13h. na Central de Espectáculos de Vigo (Velázquez Moreno, 26). A partir das 20.30h do sábado comezará a funcionar a billeteira do propio Auditorio de Castrelos.

Maratón Fotográfico

Más dun cento de fotógrafos participarán na Maratón Fotográfico que se celebrará os días 6 e 7 de agosto que organiza a Agrupación Fotográfica Galega e que cumpre a edición XVI. Poderán participar todas aquelas persoas maiores de catorce anos que formalizen a súa inscrición o día do maratón na praza do Pobo Galego entre ás 20.00 e 20:45 horas. Tamén se poderá facer unha preinscrición vía correo electrónico na dirección info@agrupacionfotograficagalega.com.

Ás 21 horas do sábado 6 de agosto darase a saída ao Maratón e informarase ás persoas participantes dos temas do concurso. A recompensa en forma de premios económicos é de 1.000, 400 e 250 euros para os tres primeiros clasificados respectivamente e catro accésit de 150 euros.
Descargar todas as imaxes