mércores, 3 agosto 2011

O alcalde destaca que 2.800 nenos completan a oferta de actividades de verán do Concello

Abel Caballero e o concelleiro de Participación Cidadá, Santos Héctor, visitaron este mércores os obradoiros infantís que organiza o Concello nos catro centros cívicos municipais, tras a que o alcalde avanzou que o goberno que preside ofrece e ten cuberto este verán 2.800 prazas en actividades de verán para os máis pequenos. Caballero salientou a variante lúdica e formativa destes obradoiros cunha "demanda moi importante" entre as familias.

Caballero asegura que Blanco é o gran garante da ampliación da ponte de Rande

mércores, 3 ago 2011

O rexedor garantiu hoxe mércores a licitación da ampliación da ponte de Rande, na que se investirán 200.000 millóns de euros, "porque tanto o ministro de Fomento como o alcalde de Vigo están volcados para que así sexa". Logo de felicitar ao ministro de Fomento, "garante da obra", criticou a Feijóo por opoñerse á dotar de maior capacidade a unha arteria "clave para esta cidade".

Á venda en www.servinova.com e na Central de Espectáculos as entradas para o concerto do sábado 6 con Ragdog, Miguel Costas, Eladio y los Seres Queridos e Iván Ferreiro

Leo i Arremecaghona e o dúo Alfeizar na noite máis tola do Festival Son de Vigo o xoves 4 de agosto

mércores, 3 ago 2011

Despois de encher a Praza da Constitución co hip hop de El Puto Coke e Wöyza na xornada inaugural do Festival Son de Vigo, promovido pola concellería de Cultura e Festas e Alcaldía, a segunda noite, o xoves 4 de agosto, con O Leo i Arremecaghona e o grupo Alféizar preséntase, sen dúbida, como a máis inclasificable. A proposta ten un obxectivo claro: que a xente goce e se divirta con dous concertos completamente desinhibidos e sen complexos. Todo acontecerá a partir das 22.30h do xoves 4 de agosto na praza da Constitución nunha noite conducida por Tony Lomba.<br />