xoves, 4 agosto 2011

O alcalde asegura que "sentamos as bases para ter unha relación de cooperación" institucional tras a primeira reunión co presidente do Porto

Abel Caballero mantivo este xoves a primeira reunión con Ignacio López-Chaves tras ser este nomeado presidente da Autoridade Portuaria de Vigo. O alcalde definiu a entrevista de "produtiva" e para entablar unha relación "fluída, leal e de colaboración" institucional. O rexedor vigués anunciou que o Concello iniciará "mañá mesmo" a limpeza dos espazos infantis portuarios de Bouzas e Areal e encargarase dos contedores sitos nos embarcadeiros ao Morrazo e Cíes.

Á venda en www.servinova.com e na Central de Espectáculos as entradas para o concerto do sábado 6 con Ragdog, Iván Ferreiro, Eladio y los Seres Queridos e Miguel Costas

O pop e rock de autor de Abraham Boba e Amaro Ferreiro no Festival Son de Vigo o venres 5

xoves, 4 ago 2011

O venres 5 de agosto o Festival Son de Vigo acolle unha noite de arrecendos pop e rock cun denominador común nas dúas propostas: trátase dunha mostra excepcional da canción de autor no século vinteún. Amaro Ferreiro e Abraham Boba protagonizan dous concertos na Praza da Constitución nos que poñerán de manifesto a súa habilidade para retratar situacións cotiás e convertelas en fermosas cancións apegadizas.Como nos concertos precedentes de Son de Vigo, Tony Lomba volverá a exercer de mestre de cerimonias.