Caballero reitera o compromiso do Concello co Celta na presentación do Torneo Cidade de Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reiterou hoxe xoves, o "compromiso de cooperación" do Concello co Celta durante a presentación do Torneo Cidade de Vigo. Acompañado do presidente do club, Carlos Mouriño, Caballero agradeceu ás entidades privadas -El Corte Inglés e Begano- a súa colaboración na posta en marcha desta "destacada cita deportiva".

xoves, 4 ago 2011
1312463713celta.jpg
O rexedor municipal, Abel Caballero, reiterou hoxe xoves o compromiso de cooperación" do Concello de Vigo co Celta durante a presentación do Torneo Cidade de Vigo. Acompañado polo presidente do Club, Carlos Mouriño, o alcalde, quen agradeceu aos patrocinadores -El Corte Inglés e Begano- a súa colaboración, engadiu que Vigo "está orgullosa de ter un equipo como o Celta" . Enfatizou a súa intención de seguir apoiando ao Club "na medida das nosas posibilidades" e cualificou ao Celta como "algo máis que un club", algo que está no ADN da cidade e actúa como un "importante elemento vertebrador", apuntou.

Datos
Celta e Sporting de Xixón disputan este sábado o XLI Trofeo Cidade de Vigo, ás 21:00 horas no estadio municipal de Balaídos. A característica "uve" de Vigo (aínda que non é a primeira versión da copa gañada no ano 1971) é un trofeo en prata doado polo Concello de Vigo.
O Cidade de Vigo é un dos torneos máis prestixiosos e veteranos do fútbol español xunto co Teresa Herrera, Ramón de Carranza e Joan Gamper.

Ata a data, o Celta leva disputados cinco partidos e un torneo 3x1 fronte ao Coruxo (2-1) e Gran Pena (3-0) en Barreiro. Só cedeu un empate (0-0) contra o Beira Mar portugués en Melgaço. Abriu a pretempada en Balaídos fronte ao Braga, subcampión da Europa League (2-1), e agora co Cidade de Vigo, que cumpre 40 anos de vida, recibe ao Sporting de Xixón.
O conxunto asturiano disputa o trofeo por cuarta oportunidade. Xogouno en 1981 en formato triangular de tres días e en 1982, como cuadrangular de dúas datas, con títulos para o Real Madrid, e tamén en 2009, xa a partido único, con vitoria céltica (1-0).

A "uve" de Vigo foi gañada dende 2001 polo Sporting de Lisboa (2001), Celta (2002, 2005, 2006, 2008 e 2009), Sevilla (2003), Vitoria (2004) e Atlético de Madrid (2007). O Trofeo Cidade de Vigo comezou a súa andaina no ano 1971 en formato de triangular (Celta, Panathinaikos e Pontevedra) e con título para o equipo grego.

O Celta gañouno en 19 oportunidades, cinco delas no que vai de século, pero o trofeo tamén viaxou a Sudamérica (Atlético Mineiro, Inter de Porto Alegre, Cruzeiro e Independiente de Medellín), polos países eslavos (Honved de Budapest, Dynamo Kiev e Spartak de Moscova), Reino Unido (Southampton), Grecia (Panathinaikos), Italia (Lazio e Inter de Milán), Portugal (Benfica, Sporting de Lisboa e Vitoria de Guimaraes). Cinco equipos españois tamén o teñen no seu palmarés (Sevilla, Real Madrid, Atlético de Madrid, Athletic de Bilbao e Zaragoza).O alcalde de Vigo, Abel Caballero, eloxiou este luns a "solidariedade" das familias viguesas que este verán acollen durante un mes na cidade olívica a 58 nenos e nenas saharauis.
Descargar todas as imaxes