Á venda en www.servinova.com e na Central de Espectáculos as entradas para o concerto do sábado 6 con Ragdog, Iván Ferreiro, Eladio y los Seres Queridos e Miguel Costas

O pop e rock de autor de Abraham Boba e Amaro Ferreiro no Festival Son de Vigo o venres 5

O venres 5 de agosto o Festival Son de Vigo acolle unha noite de arrecendos pop e rock cun denominador común nas dúas propostas: trátase dunha mostra excepcional da canción de autor no século vinteún. Amaro Ferreiro e Abraham Boba protagonizan dous concertos na Praza da Constitución nos que poñerán de manifesto a súa habilidade para retratar situacións cotiás e convertelas en fermosas cancións apegadizas.Como nos concertos precedentes de Son de Vigo, Tony Lomba volverá a exercer de mestre de cerimonias.

xoves, 4 ago 2011
1312457653cartelsondevigo.jpg
Coa publicación en 2007 do disco Laciudaddelasagujas, o seu primeiro disco en solitario, Amaro Ferreiro demostrou sobradamente que como músico era moito máis que o irmán compositor e guitarrista de Iván Ferreiro. Naquel disco, que contaba coas colaboracións de Xoel Deluxe, Eva Amaral, Leiva de Pereza e o propio Iván, o artista asumia en solitario as súas creacións poñendo en primeiro plano a súa voz e guitarra. Agora mesmo anda embarcado nun proxecto novo chamado Glez, xunto aos músicos Emilio Saiz, Suso Saiz e Toni Toledo.

Na noite máis intimista do Festival Son de Vigo a praza da Constitución acolle tamén a Abraham Boba, un músico que fai un retrato da sociedade en cada unha das súas cancións. Son xa tres discos os que leva editados desde 2007; o último, Los días desierto. A crítica destaca del o seu andar paseniño, paciente, o seu papel durante anos de músico na sombra de artistas como Nacho Vegas, para, agora, chegar a un momento adulto como cantautor pop no que é capaz de proclamar, con aparente inocencia, duras sentencias sobre a realidade. David Cobas Pereiro, alias Abraham Boba, considérase un escritor e compositor de cancións.

Os concertos da Praza da Constitución teñen entrada libre e son presentados por Tony Lomba. O sábado 6 de agosto o escenario trasládase ao Parque de Castrelos e as actuacións contarán coa presentación, ademais, do actor Manuel Manquiña. Os que queran gozar das actuacións ben preto dispoñerán de entradas a prezo popular: 3 euros. A venda anticipada de entradas realízase a través de www.servinova.es, no teléfono 902 434 443 (ambos con 0,75 céntimos de gastos de distribución) e na Central de Espectáculos de Vigo (Velázquez Moreno, 26).

Os concertos do Festival Son de Vigo:

Mércores 3 de agosto. Praza da Constitución. 22.30h. Entrada libre
El Puto Coke + Wöyza.

Xoves 4 de agosto. Praza da Constitución. 22.30h. Entrada libre
Leo i Arremecaghona + Alféizar.

Venres 5 de agosto. Praza da Constitución. 22.30h. Entrada libre
Abraham Boba+Amaro Ferreiro

Sábado 6 de agosto. Auditorio de Castrelos. 22.30h. Entrada: 3€
Ragdog + Costas + Eladio y los Seres Queridos + Iván Ferreiro
Descargar todas as imaxes