luns, 1 ago 2011
O alcalde de Vigo, xunto coa primeira tenente de alcalde, Carmela Silva, e a edil de Política do Benestar, Isaura Abelairas, recibiron este luns aos nenos saharauis e ás familias viguesas que os acollen durante un mes na cidade, "con crise ou sen crise", salientou Caballero. Desta volta, o programa "Vacacións en Paz" -no que o Concello faise cargo dos desprazamentos- trouxo a Vigo a 58 rapaces.
luns, 1 ago 2011
A primeira tenente de alcalde e concelleira de Patrimonio Histórico, Carmela Silva, explicou hoxe luns que a Pinacoteca pechou este mes de agosto para atender "pequenas obras de calado menor pendentes". A edil indicou que foron os técnicos municipais os que avogaron por acometer estas obras de mellora vinculadas á posta en funcionamento do museo porque "é nestes momentos cando se detectan as pequenas carencias nos edificios"
luns, 1 ago 2011
O obxectivo do Concello é que a Cidade do Frío sexa realidade o antes posible, tal e como indicou a concelleira de Urbanismo, Carmela Silva, nunha rolda de prensa na que avanzou "que traballan cóbado a cóbado con Zona Franca" para que poidan presentar os plans parciais que faciliten solo industrial terciario e solo dotacional.