Escoitar

Silva explica que a Pinacoteca pecha para facer obras menores de acondicionamento

A primeira tenente de alcalde e concelleira de Patrimonio Histórico, Carmela Silva, explicou hoxe luns que a Pinacoteca pechou este mes de agosto para atender "pequenas obras de calado menor pendentes". A edil indicou que foron os técnicos municipais os que avogaron por acometer estas obras de mellora vinculadas á posta en funcionamento do museo porque "é nestes momentos cando se detectan as pequenas carencias nos edificios"

luns, 1 ago 2011
1312202581carmela.jpg
A concelleira de Patrimonio Histórico e Urbanismo, Carmela Silva, indicou hoxe luns que a Pinacoteca permanecerá pechada durante o mes de agosto para acometer pequenas obras de calado menor pendentes. Así o indicou Silva nunha rolda de prensa na que cualificou esta decisión "como algo habitual cando se pon en funcionamento calquera obra nova, xa que é cando se detectan as pequenas carencias".

A edil explicou que foron os técnicos municipais os que avogaron polo peche para repasar algúns acabados, rodapés, tapas de madeira para estores, peches das portas ou axustes nos sistemas de climatización, entre outras obras menores. A empresa adxudicataria será a responsable da posta a punto do edificio para que as obras artísticas alí albergadas estean en "óptimas condicións". Silva avalou a data de posta en funcionamento do museo indicando que A Pinacoteca é un "fito nesta cidade e queríamos que coincidira coa Festa da Reconquista".
Descargar todas as imaxes