Escoitar

Caballero eloxiou a "soliedariedade" das familias viguesas que acollen este verán a 58 rapaces saharauis

O alcalde de Vigo, xunto coa primeira tenente de alcalde, Carmela Silva, e a edil de Política do Benestar, Isaura Abelairas, recibiron este luns aos nenos saharauis e ás familias viguesas que os acollen durante un mes na cidade, "con crise ou sen crise", salientou Caballero. Desta volta, o programa "Vacacións en Paz" -no que o Concello faise cargo dos desprazamentos- trouxo a Vigo a 58 rapaces.

luns, 1 ago 2011
1312202510saharauis.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, eloxiou este luns a "solidariedade" das familias viguesas que este verán acollen durante un mes na cidade olívica a 58 nenos e nenas saharauis.

O primeiro edil recibiu este luns aos rapaces en presenza da primeira tenente de alcalde, Carmela Silva, e da concelleira de Política de Benestar, Isaura Abelairas. Caballero explicou que "esta cidade é moi solidaria" e vencellou o programa "Vacacións en Paz" co "apoio" da cidade "ao pobo saharaui", que "non pode seguir nesa situación".

Indicou Abel Caballero tras a recepción que o Concello faise cargo dos desprazamentos: "cremos que a solidariedade e a cercanía hai que mantela", apuntou Caballero, "con crise ou sen crise".
Descargar todas as imaxes