Escoitar

Urbanismo traballa para que a Cidade do Frío sea realidade o antes posible

O obxectivo do Concello é que a Cidade do Frío sexa realidade o antes posible, tal e como indicou a concelleira de Urbanismo, Carmela Silva, nunha rolda de prensa na que avanzou "que traballan cóbado a cóbado con Zona Franca" para que poidan presentar os plans parciais que faciliten solo industrial terciario e solo dotacional.

luns, 1 ago 2011
A concelleira de Urbanismo, Carmela Silva, avanzou hoxe que o Concello traballa arreo con Zona Franca para que se "poidan presentar de xeito inmediato os plans parciais" que permitan avanzar na construción da Cidade do Frío. Segundo explicou, o obxectivo é poñer a disposición, "o antes posible" solo industrial terciario e solo dotacional para que as empresas poidan empezar a instalarse canto antes. Nesta liña recordou o compromiso do alcalde na xeración de emprego e e crecemento económico e destacou que o Goberno traballa sempre nesa dirección.

A primeira tenente de alcalde indicou que traballa "cóbado a cóbado" coa Zona Franca con reunións periódicas, "hoxe mesmo tivemos un encontro e a semana pasada mantivemos outro".