Escoitar

O alcalde visitou os traballos de mellora no Mercado do Progreso, que rematán en 12 meses cun investimento de 4,7 millóns

Abel Caballero, xunto á primeira tenente de alcalde, Carmela Silva, e o concelleiro de Comercio, Cayetano Rodríguez, visitaron este venres os traballos de reforma do tradicional mercado vigués, obra iniciada no anterior mandato que concluirá en agosto do próximo ano tras ter destinado o Concello 4,7 millóns de euros. O alcalde tamén adiantou que o goberno local concedeu autorización para a remodelación do Mercado de Teis.

venres, 5 ago 2011
1312546908mercado.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este venres que os traballos de reforma do Mercado do Progreso concluirán en agosto do próximo ano cun orzamento total de 4,7 millóns de euros.

Nunha visita á obra coa primeira tenente de alcalde, Carmela Silva, e o edil de Comercio, Cayetano Rodríguez, o alcalde vigués explicou que "neste momento iniciamos" a reforma interior do recinto, 3,7 millóns de euros que súmase ao millón xa executado ata o momento noutros traballos previos.

Caballero explicou que "trátase de dinamizar, potenciar e modernizar o Mercado do Progreso, un dos mercados tradicionais de Vigo, que forma parte da nosa antropoloxía" e considerou "moi importante" conseguir que estes centros "ocupen un lugar importante no comercio de Vigo".

O rexedor vigués recordou que este proxecto, que conta coa dirección a cargo da Xerencia de Urbanismo, naceu co goberno do mandato anterior e "retomamos agora e aceleramos" de cara á súa finalización.

Teis
No transcurso da visita, Abel Caballero informou que "acabamos de dar autorización á reforma do Mercado de Teis", unha remodelación que correrá a cargo dos propios comerciantes cun orzamento estimado aos efectos duns 450.000 euros.

En Teis, o Concello xa humanizou o entorno do propio Mercado e agora é o turno do interior do mesmo. O alcalde felicitou ao concelleiro de Comercio por ser capaz nos poucos meses que leva no cargo de "dinamizar a obra do mercado de Teis", que levaba algún tempo parada por razóns administrativas axenas ao Concello.
Descargar todas as imaxes