Convocatoria do exame de obtención do permiso municipal de condución de autotaxis
Ponse en coñecemento de todas as persoas interesadas en tomar parte nas probas para a obtención do PERMISO MUNICIPAL DE CONDUTOR DE AUTOTAXI, que deberán presentar a solicitude, xunto coa documentación esixida no artigo 29 da vixente Ordenanza municipal reguladora do Servizo e que se relaciona seguidamente. O prazo para a presentación das citadas solicitudes comprende dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio e até o 26 de agosto de 2011.
A documentación requirida é a seguinte:
Pago Taxas.
Unha foto (deberá entregarse sen ningunha marca de grampa).
Fotocopia compulsada do DNI.
Fotocopia compulsada do carnet de conducir (onde conste a data de expedición e a data de validez do BTP).
Certificado médico, expedido nos termos expresados no parágrafo d) do artigo 29 da Ordenanza Municipal de Autotaxi (considérase caducado se pasaron máis de tres meses entre a súa data de expedición e a data do exame).
O exame constará das seguintes partes:
Coñecemento da Ordenanza Municipal de Autotaxi
Ubicacións de rúas e puntos de interese na cidade de Vigo.
Itinerario a seguir entre dúas ubicacións do termo municipal.
Real Decreto Legislativo 339/1990, de 2 de marzo, por el que se aprueba el Texto Articulado de la Ley sobre Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor y Seguridad Vial.
As probas realizaranse o DIA 29 DE SETEMBRO DE 2011, na Casa do Concello, podendo ampliarse ao día seguinte se o nº de aspirantes así o esixira. Os solicitantes comparecerán provistos de bolígrafo e carné de conducir.
As listas nas que se indicará o lugar de realización da proba, o horario no que cada solicitante debe presentarse á mesma e demáis circunstancias relacionadas, publicaranse no Taboleiro de Edictos, na páxina web do Concello e nas oficinas da Area de Mobilidade, Transporte e Seguridade, unha vez finalizado o prazo para a presentación de solicitudes.
O Tribunal está composto por:
Presidente: Carlos López Font
Secretaria: Carmen Pintado García
Vocal: Odilo Mosquera Carballo