O alcalde indica que as medidas municipais de contención no consumo de auga aforran 810.000 litros cada día
Abel Caballero desvelou hoxe mércores que o goberno local ven implementando desde o pasado venres medidas de aforro no consumo público de auga que permiten manter nos encoros vigueses 810.000 litros ao día. O alcalde adiantou que o Concello tamén iniciará unha campaña de concienciación cidadá para o consumo responsable e reclamou á Xunta de Galicia que adiante unha reunión cos municipios indicados para anticipar solucións a eventuais problemas de abastecemento.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe mércores que o goberno local implementou o pasado venres medidas de aforro no consumo público de auga, que supuxeron 810.000 litros ao dia menos no gasto.
Así o desvelou Caballero en rolda de prensa, unhas accións que durarán o tempo preciso e significan na práctica un baldeo de rúas selectivo, que pasaron a ser alternos, e regos medidos no emprego da auga, cambios que "nin se quera nótanse".
O alcalde adiantou que "imos continuar coas medidas de aforro" e apuntou que en próximos días presentarase unha campaña á cidadanía de consumo responsable de auga. Esta iniciativa lévase adiante pola "situación moi difícil" que atravesan os encoros vigueses.
Abel Caballero apuntou que os niveis de Zamáns son 30 puntos porcentuais máis baixos que o mesmo día do pasado 2010, 16 puntos no caso de Eiras. Zamáns sitúase no 62% de ocupación polo 92% do pasado ano; Eiras está ao 70% mentres que en 2010 era do 86%.
O rexedor vigués celebrou a reunión convocada para o 29 de agosto, aínda que reclamou que se celebre antes para anticipar solucións a unha eventual sequía que derivaría en problemas de calidade de auga en novembro e de abastecemento en decembro. Caballero esixio á Xunta de Galicia que adiante o encontro porque "chega dous meses tarde".
Caballero argumentou a decisión en que, se continúa sen chover, en novembro o caudal estará no 25% nos encoros, o que perxudicaría á calidade do líquido, e incluso en decembro habería problemas de abastecemento de continuar coa sequía.
O alcalde vigués denunciou que o conselleiro de Medioambiente da Xunta de Galicia, Agustín Hernández, "descoñece a situación do abastecemento de auga da primeira cidade de Galicia" e responsabilizou ao presidente da Xunta de Galicia dos problemas que poida ter a urbe viguesa. "É grave porque estamos falando de algo moi serio", concluíu.
Descargar todas as imaxes