O rexedor anuncia a cesión de 1.000 prazas de aparcamento de Peinador ao Ifevi

Abel Caballero anunciou hoxe mércores que o Ifevi "verá por fin solucionado o seu grave problema de aparcamento", xa que o aeroporto de Peinador lle cederá máis de 1.000 prazas. Esta "importante decisión para o principal recinto feiral de Galicia alcanzouse nunha reunión que mantivo o rexedor, acompañado da primeira tenente de alcalde, Carmela Silva, co director de Espazos e Servizos de Comunicación de AENA, Mariano Sanz Peche; a directora do Peinador, Noelia Martínez; e o xerente do Ifevi, Arsenio Iglesias.

mércores, 10 ago 2011
1312981498aenaifevi.jpg
O recinto do Ifevi verá superada a falta de aparcamento, a súa grande carencia, coa decisión anunciada hoxe polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, de que o aeroporto lle ceda 1.000 prazas de aparcamento, que ocasionalmente poderán chegar a 1.500. Esta decisión "a coste cero", fundamental para o primeiro recinto feiral de Galicia, foi tomada nunha reunión que mantivo hoxe mércores o rexedor, acompañado da primeira tenente de alcalde, Carmela Silva, co director de Espazos e Servizos de Comunicación de AENA, Mariano Sanz Peche; a directora do Peinador, Noelia Martínez; e o xerente do Ifevi, Arsenio Iglesias.

Caballero lembrou que a Xunta de Galicia cuantificou hai tempo a construción deste aparcamento, dúas plantas do aparcadoiro, nuns 8 ou 9 millóns de euros e- recordou- "este proxecto incluso estivo presupuestado co Goberno de Touriño, pero a actual Xunta retirou a partida". O rexedor felicitouse por ter solucionado o problema do Ifevi, a pesar de ser unha competencia da Xunta de Galicia. Na mesma liña, avanzou que mañá mesmo se van reunir a directora de Peinador e o xerente do Ifevi para acordar os detalles da cesión ao tempo que indicou que, a continuación, Concello e recinto feiral traballarán na senda peonil de apenas 100 metros de distancia que separan aeroporto e recinto feiral.
Descargar todas as imaxes