Escoitar

Caballero asegura que a falta de liñas low cost "lastra o turismo en Vigo"

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou hoxe mércores que a ausencia de liñas low cost en Peinador "lastra o turismo en Vigo", un sector -subliñou- con vocación de convertirse en eixo clave da actividade económica na cidade. O rexedor avanzou o compromiso do Concello por manter a liña a Londres e ampliar ao norte de Italia e Francfurt.

mércores, 10 ago 2011
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, explicou hoxe mércores que o a falta de liñas low cost "lastra o turismo de Vigo", un sector "con vocación de convertirse en eixo clave da actividade económica da cidade". O rexedor, quen lembrou o interese do Concello por manter o vo a Londres e amplialas liñas ao norte de Italia e Francfurt, avanzou que temén serán prioritarias liñas low cost dentro de España.

Na súa opinión, Peinador ten que facer fronte á competencia desleal de aeroportos como o de Santiago, beneficiado pola Xunta de Galicia. Criticou á actutide da administración autonómica á que acusou de "boicotear absolutamente a Vigo en cooperación coa Diputación de Pontevedra".