ANUNCIO DE MOBILIDADE, TRANSPORTES E SEGURIDADE<br />

Peche de tráfico na rúa Parrocha

martes, 11 out 2011

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de reparación de canalización de <br /> saneamento, a realizar pola empresa AQUALIA, estará pechada ao tráfico a rúa PARROCHA, con acceso exclusivo para garaxes, dende o xoves 13 de outubro de 2011 ás 10:00 horas e por un período aproximado de tres días.<br />

Anuncio de Estatística

O luns remata o prazo para a rectificación do Censo en período electoral

venres, 7 out 2011

Dacordo co artigo 39.2 da Lei Orgánica 5/1985 de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral comunícase que estará aberto un servizo de consulta do Censo Electoral no Concello de Vigo, dende o dia 3 ata o dia 10 de Outubro, ambos inclusive na oficiña de Estatística co seguinte horario:maña de 9 a 14,00 horas e tarde de 17 a 19 horas.

Anuncio

Rectificación do Censo en periodo electoral

martes, 4 out 2011

Dacordo co artigo 39.2 da Lei Orgánica 5/1985 de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral comunícase que estará aberto un servizo de consulta do Censo Electoral no concello de Vigo, dende o dia 3 ata o dia 10 de Outubro, ambos inclusive na oficiña de Estatística co seguinte horario:mañá de 9 a 14,00 horas e tarde de 17 a 19 horas.<br />

Anuncio da Concellería de Emprego, Participación Cidadá e Voluntariado

Obradoiros de "Concienciación medioambiental: Aforro de auga"

venres, 30 set 2011

A Concellaría de Emprego, Participación Cidadá e Voluntariado organiza oito obradoiros de concienciación medioambiental para o aforro de auga, dous en cada un dos centros cívicos municipais, cunha duración de 2 horas e 30 minutos que se desenvolverán nas seguintes datas e horarios: