ANUNCIO DE MOBILIDADE, TRANSPORTE E SEGURIDADE
venres, 5 ago 2011
Ponse en coñecemento de todas as persoas interesadas en tomar parte nas probas para a obtención do PERMISO MUNICIPAL DE CONDUTOR DE AUTOTAXI, que deberán presentar a solicitude, xunto coa documentación esixida no artigo 29 da vixente Ordenanza municipal reguladora do Servizo e que se relaciona seguidamente. O prazo para a presentación das citadas solicitudes comprende dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio e até o 26 de agosto de 2011.
AnNUNCIO DE MOBILIDADE, TRANSPORTES E SEGURIDADE<br />
venres, 5 ago 2011
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor da procesión do Santisimo Cristo da Victoria, a<br />
realizar este domingo 07/08/2011 estarán pechadas ao tráfico as rúas afectadas pola devandita procesión entre as 16:00 h e as 23:00 horas do domingo.
XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO<br />
SERVIZO DE INSPECCIÓN TÉCNICA DE EDIFICIOS<br />
venres, 5 ago 2011
Lémbrase á cidadanía que, de acordo co sinalado na disposición transitoria única da vixente Ordenanza municipal reguladora da Inspección Técnica de Edificacións (ITE) do Excmo. Concello de Vigo, durante este ANO 2011 deberán pasar a súa primeira inspección AS EDIFICACIÓNS CONSTRUÍDAS ENTRE 1970 E 1980.
ANUNCIO
venres, 8 xul 2011
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de montaxe dun guindastre de obra, a realizar pola empresa GRUAS DONIZ, estarán pechadas ao tráfico as rúas MÉNDEZ NÚÑEZ e CHAO, con acceso exclusivo para garaxes, o domingo 10 de xullo de 2011 dende as 08:00 horas até as 20:00 horas.
ANUNCIO
venres, 8 xul 2011
A Concellería de Politica de Benestar pon en funcionamento o "Dispositivo de acceso ao baño para persoas con mobilidade reducida nas praias de Samil e Vao". O dispositivo realizarase nos meses de xullo e agosto: de luns a domingo,dende as 11:00 a 14:00 horas e dende as 16:00 a 20:00 horas.