Mobilidade, Seguridade e Transportes
venres, 10 xuñ 2011
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras a realizar dende as 00:00 horas do 11 de xuño de 2011 e por un período aproximado de dous días estará pechado ao tráfico o Tunel de Beiramar en ámbolos dous sentidos no treito entre a rotonda da rúa Areal e a rotonda de García Barbón – Sanjurjo Badía - Xulián Estévez.
Benestar Social
venres, 3 xuñ 2011
A Concellaría de Benestar Social vai levar a cabo a campaña "DE BOA MAN", na súa XI edición os vindeiros días 7, 8, 9 e 10 de xuño de 2011.O proxecto consiste na instalación de tres carpas na rúa do Principe esquina con Velazquez Moreno, onde oito asociacións de persoas con discapacidade, exporán e venderán os produtos que realizan.
Xerencia de Urbanismo<br />
Servizo de Inspección Técnica de Edificios
venres, 3 xuñ 2011
Lémbrase á cidadanía que, de acordo co sinalado na disposición transitoria única da vixente Ordenanza municipal reguladora da Inspección Técnica de Edificacións (ITE) do Excmo. Concello de Vigo, durante este ANO 2011 deberán pasar a súa primeira inspección AS EDIFICACIÓNS CONSTRUÍDAS ENTRE 1970 E 1980.