ANUNCIO DE XUVENTUDE
venres, 2 dec 2011
A Concellería de Xuventude programa un Campamento de Nadal os días 23, 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro, e 2, 3, 4, 5 de xaneiro con fin de conciliar a vida laboral e familiar, traballando a interculturalidade cos nenos e nenas, a través das tradicións de Nadal en diferentes países do mundo.

Anuncio de MOBILIDADE, TRANSPORTES E SEGURIDADE

luns, 28 nov 2011
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de canalización de gas, a realizar pola empresa GAS GALICIA, estará pechada ao tráfico a rúa CATABOI, con acceso exclusivo para garaxes, dende o martes 29 de novembro de 2011 ás 10:00 horas e por un período aproximado dunha semana.
ANUNCIO DE XUVENTUDE
venres, 25 nov 2011
A Concellería de Xuventude abre o prazo de inscrición para os seguintes cursos que comezarán o mes de decembro:monitor de tempo libre,manipulación de alimentos,xestionar un proxecto xuvenil con ferramentas en rede,iniciación a OpenOffice, creación de webs e blogs e taller de horta urbana ecolóxica.
ANUNCIO DA CONCELLERÍA DE POLITICA DE BENESTAR- SERVIZO DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE
venres, 25 nov 2011
O 3 de decembro celébrase o Día Internacional da Discapacidade, por este motivo a Concellería de Política de Benestar en colaboración con Pasovigo, vai realizar unhas xornadas de portas abertas dende o día 28 de novembro ata o día 1 de decembro.
ANUNCIO DE MOBILIDADE, TRANSPORTES E SEGURIDADE

venres, 25 nov 2011
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de humanización, a realizar polas empresas MOVEXVIAL, EIRIÑA e ORECO, e mentres duren as obras, establécese sentido único de tráfico nas rúas: SEVERINO COBAS, cara á rúa Ramón Nieto; NAIA, treito entre Severino Cobas e Alcalde Lavadores, cara á rúa Alcalde Lavadores, dende o martes 29 de novembro de 2011 ás 10:00 horas e por un período aproximado de tres meses.
ANUNCIO DA CONCELLERÍA DE IGUALDADE
venres, 11 nov 2011
Con motivo da celebración do Día Internacional contra a violencia de xénero-2011, que se conmemora o día 25 de novembro, o Consello Municipal da Muller e maila Concellería de Igualdade do Concello de Vigo convocan este concurso, co fin de fomentar unha maior implicación e concienciación cidadá en contra da violencia que se exerce sobre as mulleres.
ANUNCIO DE MOBILIDADE, TRANSPORTES E SEGURIDADE

mércores, 9 nov 2011
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de canalización de gas, a realizar pola empresa GAS GALICIA, estará pechada ao tráfico a rúa RAMON NIETO INTERIOR, treito entre Ramón Nieto e o número 293, con acceso exclusivo para garaxes, dende o mércores 09 de novembro de 2011 ás 10:00 horas e por un período aproximado dunha semana.
ANUNCIO DE MOBILIDADE, TRANSPORTES E SEGURIDADE

mércores, 9 nov 2011
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de canalización de telecomunicacións, a realizar pola empresa TELEFONICA DE ESPAÑA, estará pechada ao tráfico a rúa CEAN, con Moláns e Bao, con acceso exclusivo para garaxes, dende o xoves 10 de novembro de 2011 ás 10:00 horas e por un período aproximado de dúas semanas.

Anuncio de MOBILIDADE, TRANSPORTES E SEGURIDADE

martes, 8 nov 2011
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de canalización de gas, a realizar pola empresa GAS GALICIA, estará pechada ao tráfico a rúa PARROCHA (BEMBRIVE), con acceso exclusivo para garaxes, dende o mércores 09 de novembro de 2011 ás 10:00 horas e por un período aproximado dunha semana.