Escoitar
ANUNCIO AREA DE MOBILIDADE, TRANSPORTE E SEGURIDADE

EXAME PERMISO MUNICIPAL CONDUTOR AUTOTAXI

venres, 9 set 2011
REQUERIMENTO DE DOCUMENTACIÓN E COMUNICACIÓN DO LUGAR E HORARIOS PARA A CELEBRACIÓN DO EXAME PARA A OBTENCIÓN DO PERMISO MUNICIPAL DE CONDUCIÓN DE AUTOTAXIS O DIA 29 DE SETEMBRO DE 2011

Ponse en coñecemento das persoas que van realizar o vindeiro 29 de setembro de 2011 o exame para a obtención do permiso municipal de condución de vehículos auto-taxi, que o mesmo se celebrará no INSTITUTO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN (sito en Cño. Chouzo, 2) polo que deberán presentarse no emprazamento indicado ás horas establecidas seguidamente, e deberán asistir con bolígrafo, DNI e carné de conducir.

A comunicación dos horarios para a celebración do exame para a obtención do permiso municipal de condución de autotaxis do dia 29 de setembro de 2011, publicarase na páxina web www.vigo.org, así como no Taboleiro de Edictos do Concello de Vigo.

As persoas que non teñan completada a solicitude conforme o establecido na Convocatoria de data 5 de agosto do ano en curso e que figuran relacionadas no listado, que tamén será publicado nos sitios citados no parágrafo anterior, deberán entregar a documentación citada na columna "DOCUMENTACION A PRESENTAR", tendo como data límite O 21 DE SETEMBRO DE 2011, incluído

No caso de non entregar a documentación solicitada e pendente, non se admitirá a presentación do interesado ao exame.