O alcalde di que a Federación de Organizacións de Profesionais de Congresos ve en Vigo un "gran destino" para o turismo congresual
Abel Caballero recibiu hoxe venres aos presidentes autonómicos de España aglutinados nesta Federación que preside Asunción Durán, encargada tamén da xestión do Auditorio Pazo de Congresos "Mar de Vigo". Reunida en Vigo, a Federación ve a cidade como un "gran destino" para o turismo de congresos. O alcalde asegurou que os seus integrantes levaron unha boa impresión da cidade.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recibiu este venres aos presidentes autonómicos integrados na Federación de Organizacións de Profesionais de Congresos, entidade a través da que se vehiculan "probablemente o 80%" dos congresos que se levan adiante en España.
Caballero afirmou que o obxectivo da cidade é darse a coñecer para captar e potenciar as posibilidades de Vigo como receptor de congresos, con beneficios para o sector turístico, hotelero, comercial e de restauración.
O alcalde apuntou que os federados levaron unha "magnífica impresión" do Auditorio Pazo de Congresos "Mar de Vigo" como instalación de acollida de congresos. Caballero explicou asemade que "temos moitos congresos xa pechados" para próximas datas, porque a finalidade é situar a Vigo no mapa dos congresos a nivel estatal.
Descargar todas as imaxes