O alcalde visitou o inicio das obras de rehabilitación do arco Quirós, "un dos emblemas" na recuperación do Casco Vello
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, xunto á tenente de alcalde e concelleira de Urbanismo, Carmela Silva, visitaron este venres o inicio das obras de construcción e rehabilitación do edificio do arco Quirós, na Praza da Princesa, "un dos emblemas" na recuperación do Casco Vello xunto á fachada do Berbés. O alcalde estimou en ano e medio a duración das obras de construcción.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou este venres o inicio dos traballos de construcción e rehabilitación do arco Quirós, na Praza da Princesa, "un dos emblemas" na recuperación do Casco Vello vigués.
En declaracións aos medios, Caballero explicou que a do arco Quirós é, xunto á fachada marítima do Berbés, unha obra "emblemática" para a historia da cidade, unha rehabilitación que manterá a fachada orixinal de pedra e habilitará un edificio cun soto, baixo comercial e tres alturas para 14 vivendas.
O rexedor asegurou que o estado no que se atopaba este arco constituía "un gran demérito" para a zona histórica viguesa e que, en aproximadamente ano e medio, a praza atoparase "como nunca debería haber deixado de estar".
Cascos históricos
Durante a mesma visita, e en presenza da primeira tenente de alcalde e concelleira de Urbanismo, Carmela Silva, o alcalde anunciou a creación dunha "gran área de rehabilitación e cascos históricos" dentro da Xerencia Municipal de Urbanismo e en dependencia directa da concelleira delegada. Explicou Caballero que o obxectivo desta nova parcela administrativa é "impulsar" a recuperación das zonas históricas de Vigo.
Descargar todas as imaxes