martes, 6 setembro 2011

O alcalde anuncia un incremento do 20% na cesión de auga de Vigo a Baiona

Abel Caballero informou hoxe martes da decisión de ampliar o caudal de auga que Vigo cede a Baiona ante a "situación límite" do concello miñorano. Tras ter recibido unha carta do seu homólogo, o alcalde de Vigo explicou que incrementarase o trasvase de 24 a 29 litros por segundo, sempre condicionado á garantía de abastecemento de auga á cidadanía de Vigo.

Caballero salienta que o Concello ofertará unhas 800 prazas o próximo curso en escolas infantís municipais

martes, 6 set 2011

O alcalde visitou hoxe martes a de Atalaia, en Teis, unha das catro escolas infantís municipais que xa comezaron o curso. Ao longo do presente exercizo escolar tamén entrarán en funcionamento as de Casiano Martínez e Tomás Alonso, "a punto de abrir", e a de Mestres Goldar, sumando outras 260 prazas ás 350 que xa operan. De cara ao próximo curso, o goberno local habilitará outras catro en A Seara, A Doblada, Navia e Lavadores, sumando unha oferta municipal que rondará as 800-850 prazas.