O alcalde anuncia un incremento do 20% na cesión de auga de Vigo a Baiona
Abel Caballero informou hoxe martes da decisión de ampliar o caudal de auga que Vigo cede a Baiona ante a "situación límite" do concello miñorano. Tras ter recibido unha carta do seu homólogo, o alcalde de Vigo explicou que incrementarase o trasvase de 24 a 29 litros por segundo, sempre condicionado á garantía de abastecemento de auga á cidadanía de Vigo.
O alcalde, Abel Caballero, anunciou este martes un incremento do 20% no trasvase de auga que Vigo realiza a Baiona, ante a "situación límite" deste último municipio.
Tras ter recibido unha solicitude do rexedor miñorano, Caballero avanzou que atenderá esta petición porque Vigo está en condicións de asumir este nivel ao ter mellorado "un pouco" os niveis de caudal dos encoros que abastecen a Vigo, grazas ao consumo responsable da cidadanía e ás últimas choivas.
Deste xeito, Vigo ampliará o trasvase dos 24 litros por segundo aos 29 que solicitou Baiona. Os niveis de auga en Vigo continúan a ser "moi preocupantes" pero "estamos mellorando un pouco", polo que é posible incrementar a cesión condicionado á garantía de subministro para os vigueses.
Emisario
O alcalde vigués tamén celebrou a celeridade coa que Aqualia, a concesionaria do auga de Vigo, resolveu a rotura do emisario que subministra ao Morrazo, competencia de Augas de Galicia.
Caballero explicou que tardouse so dia e medio grazas a que, hai dous anos, e ante unha avería menor, o propio rexedor vigués deu orde de ter nas instalacións da empresa en Vigo un tubo de reposto para facer fronte a eventualidades como a acontecida dias atrás. "Se non tivésemos aquí ese reposto de tubo tardariamos entre sete e dez dias", asegurou.
Descargar todas as imaxes