Caballero salienta que o Concello ofertará unhas 800 prazas o próximo curso en escolas infantís municipais
O alcalde visitou hoxe martes a de Atalaia, en Teis, unha das catro escolas infantís municipais que xa comezaron o curso. Ao longo do presente exercizo escolar tamén entrarán en funcionamento as de Casiano Martínez e Tomás Alonso, "a punto de abrir", e a de Mestres Goldar, sumando outras 260 prazas ás 350 que xa operan. De cara ao próximo curso, o goberno local habilitará outras catro en A Seara, A Doblada, Navia e Lavadores, sumando unha oferta municipal que rondará as 800-850 prazas.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, subliñou este martes que, de cara ao próximo curso escolar, o Concello ofertará entre 800 e 850 prazas en escolas infantís municipais, polas 350 que están hoxe en marcha.
Abel Caballero visitou esta mañá a de Atalaia, en Teis, no comezo do curso escolar, unha das catro que xa comezaron as clases xunto ás de Santa Cristina, Santa Marta e Costeira. O alcalde recordou que están "a punto de abrir" as novas escolas para nenos de 0 a 3 anos de Tomás Alonso e Casiano Martínez, e para máis adiante está prevista a apertura da de Mestres Goldar, que engadirán unhas 260 novas prazas á oferta presente.
O rexedor vigués apuntou que, para o próximo curso, o goberno local ten en previsión a construción doutras catro, en A Seara, A Doblada, Navia e Lavadores, elevando a oferta municipal de educación infantil ás 800 ou 850 vacantes.
Abel Caballero detallou que trátase dun "esforzo moi importante porque cremos na relevancia da educación infantil", ademais de ser un "factor de apoio ás familias". O primeiro edil recordou que dada escola infantil recibe unha subvención do Concello de entre 250.000 e 300.000 euros e reiterou que a adxudicación das prazas realízanse fundamentalmente por nivel de renda. "A educación non é un gasto senón un investimento", concluíu Caballero.
Descargar todas as imaxes