venres, 9 setembro 2011

O alcalde visitou o inicio das obras de rehabilitación do arco Quirós, "un dos emblemas" na recuperación do Casco Vello

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, xunto á tenente de alcalde e concelleira de Urbanismo, Carmela Silva, visitaron este venres o inicio das obras de construcción e rehabilitación do edificio do arco Quirós, na Praza da Princesa, "un dos emblemas" na recuperación do Casco Vello xunto á fachada do Berbés. O alcalde estimou en ano e medio a duración das obras de construcción.

O goberno local nomea a María Carneiro nova xerente de Urbanismo, "unha das profesionais máis reputadas" en Galicia

venres, 9 set 2011

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este venres do nomeamento de María Carneiro como xerente de Urbanismo do Concello. A Xunta de Goberno Local deu esta mañá luz verde ao mesmo, co que Vigo incorpora a "unha das profesionais máis reputadas na área de Urbanismo de toda Galicia", en verbas do alcalde, cunha dilatada experiencia profesional en Galicia e Madrid.

Caballero asegura que a licitación por 29 millóns de obras da estación do AVE de Urzáiz é "un dos grandes fitos da cidade"

venres, 9 set 2011

O alcalde de Vigo definiu este venres como "un dos grandes fitos da cidade" a licitación, aprobada onte en Consello de Ministros do Goberno, de obras da nova estación do AVE de Urzáiz por valor de 29 millóns de euros, a segunda licitación xa liberada. Abel Caballero apuntou que a continuidade de José Blanco na carteira de Fomento é "a mellor garantia" da Alta Velocidade viguesa.

O alcalde di que a Federación de Organizacións de Profesionais de Congresos ve en Vigo un "gran destino" para o turismo congresual

venres, 9 set 2011

Abel Caballero recibiu hoxe venres aos presidentes autonómicos de España aglutinados nesta Federación que preside Asunción Durán, encargada tamén da xestión do Auditorio Pazo de Congresos "Mar de Vigo". Reunida en Vigo, a Federación ve a cidade como un "gran destino" para o turismo de congresos. O alcalde asegurou que os seus integrantes levaron unha boa impresión da cidade.

O equipo da Policía Local de Vigo conseguiu cinco metais nos Xogos Mundiais de Policías e Bombeiros

venres, 9 set 2011

Na cuarta participación do colectivo neste evento, a formación viguesa da Policía Local sumou medallas en 400 metros lisos, lanzamento de xavelina, salto de lonxitude, triple salto e tiro. Tras Barcelona 2003, Adelaida 2007 e Vancouver 2009, os vigueses acudiron este ano desde o 26 de agosto ao 5 de setembro a Nova York para competir nos Xogos Mundiais.

ANUNCIO DA XERENCIA DE URBANISMO

Convocatoria pública de solicitudes de axudas para a fase 12 do Casco Vello e fase 7 do barrio histórico de Bouzas, programa de rehabilitación de edificios e vivendas de Vigo

venres, 9 set 2011

Aprobada a Ordenanza municipal para a regulación das axudas á rehabilitación de edificios e vivendas na Área de rehabilitación do Casco vello e na Área de rehabilitación do Barrio histórico de Bouzas e publicada nº BOP nº185 de 24.09.2010, e asinados os convenios correspondentes se procede a convocatoria pública das solicitudes de axudas:<br />

O museo Verbum prorroga ata finais de outubro a exposición "Vilagrafías. Fotos e textos sobre as vilas de Galicia" de Anxo Cabada

venres, 9 set 2011

A boa aceptación da exposición Vilagrafías por parte dos usuarios, o museo Vervum prorrogamos dita exposición ata o vindeiro domingo día 30 de outubro. Vilagrafías é unha recreación poético-fotográfica da xeografía visual e sentimental das vilas e cidades galegas.Trátase dun traballo de escritores e escritoras sobre a súa vila ou cidade emocional que fai agromar a imaxe fotográfica.Os horarios de apertura ao público e de 10 a 14 e de 17 a 21 horas (ata o 15 de setembro) e de 10 a 19 horas ininterrumpido (a partir do 16 de setembro).

BANDO DE MOBILIDADE, TRANSPORTES E SEGURIDADE

TRANSPORTE ESCOLAR:TRAMITACIÓN DE AUTORIZACIÓN MUNICIPAL PARA O CURSO ESCOLAR 2011 - 2012

venres, 9 set 2011

De conformidade có disposto no artº 3 da "Ordenanza Municipal reguladora do transporte regular especial de uso escolar", aprobada inicialmente polo Pleno Municipal en data 10 de abril de 1992 e, definitivamente polo Pleno Municipal en sesión de 11 de septiembre de 1992, recórdase aos titulares das empresas de vehículos adicadas á realización do servicio de transporte escolar dentro do casco urbano, que antes do comenzo do vindeiro curso 2011 - 2012 (setembro 2011), deberán dispor da oportuna AUTORIZACIÓN MUNICIPAL.