O Pleno acorda por unanimidade a posta en marcha do bus eléctrico e dos coidadores no Casco Vello
Sendas mocións presentadas por populares e nacionalistas recabaron o apoio do grupo socialista para solicitar a posta en marcha do autobús eléctrico e do servizo de coidadores do Casco Vello. O Pleno tamén acordou adoptar medidas de apoio á Fundación Banco de Alimentos, tras ver recortada nun 75% de cara ao próximo ano a súa capacidade de reparto.
O Pleno da Corporación Municipal de Vigo adoptou este xoves o acordo de por en marcha os servizos do autobús eléctrico e os coidadores de barrio, ambos no Casco Vello vigués.
O texto validado indica que ambos servizos supuxeron unha "recuperación e dinamización do Casco Vello" no mandato bipartito anterior, complementado polos investimentos realizados na recuperación da céntrica zona histórica viguesa,
Polo tanto, os tres grupos políticos aprobaron acordar que o goberno municipal volverá a por en marcha o bus eléctrico e os coidadores de barrio no Casco Vello, realizando as xestións oportunas para a potenciación dos servizos.
Banco de Alimentos
Tamén por unanimidade dos grupos políticos saíu adiante a proposta dos populares, enmendada polos nacionalistas, de tomar medidas de apoio á Fundación Banco de Alimentos, tras os recortes sufridos por decisión da Unión Europea.
O texto fala da "gravísima situación" pola que atravesa esta Fundación, que verá reducida o seu reparto de alimentos o próximo ano nun 75%. Ante esta cuestión, os tres grupos políticos acordaron que con carácter urxente se adopten as medidas precisas para que a Fundación poida seguir prestando de xeito suficiente esta axuda básica para as familias de Vigo necesitadas.
Segundo reza a enmenda aprobada, o Pleno da Corporación insta á Xunta de Galicia a manter ou incrementar a axuda á Fundación Banco de Alimentos de Vigo e tamén ao Goberno do Estado a que demande da Unión Europea a modificación do Programa Europeo de Axuda aos máis Desfavorecidos para evitar as reduccións das axudas alimentarias.