Escoitar

Abel Caballero anuncia que a próxima semana iníciase a humanización da bifurcación da Travesía de Vigo

Á altura do número 160 da Travesía de Vigo, o alcalde anunciou que a próxima semana dará comezo o proxecto de humanización deste treito do vial, un compromiso adquirido por Caballero durante a campaña electoral que estará rematado tras dous meses de obras. Explicou o primeiro edil que o importe da obra achégase aos 100.000 euros e deixará este treito da rúa coa máxima calidade, "no mesmo nivel que o conxunto da Travesía de Vigo".

mércores, 7 set 2011
1315400907travesia.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, datou para a próxima semana o inicio do proxecto de humanización da bifurcación da Travesía de Vigo, á altura do número 160 do devandito vial.

Cumpre así o goberno local co compromiso adquirido durante a pasada campaña electoral, unha humanización nunha zona cun "nivel moi importante" de veciños, tráfico e comercios, que hoxe en día está nunha situación "moi deteriorada". "A semana que ven iniciamos o proxecto", recalcou Caballero, quen cifrou en case 100.000 euros o importe desta mellora, que alongarase durante dous meses.

O alcalde de Vigo asegurou que o tramo da bifurcación da rúa quedará tras os traballos de mellora coa máxima calidade, "no mesmo nivel que o conxunto da Travesía de Vigo", e contará con aparcamentos, arborado, papeleiras, bancos, farolas e beirarrúas en granito.
Descargar todas as imaxes