Anuncio

Padrón da taxa pola recollida de Lixo-Vivendas e de exaccións unificadas de industriais.

xoves, 10 xuñ 2004

Segundo publicación do Boletín Oficial da Provincia nº 109 de 9 de xuño de 2004, estes padróns correspondentes ó ano 2004, estarán en exposición pública ata o 26 de xuño de 2004 e poderán consultarse nos negociados de Lixo Vivendas e de Exaccións Unificadas Industriais, a excepción dos sábados que se exporán no Rexistro Xeral, en horario de 9.00 a 13.00 horas.

Anunio <br />

Selección expertos docentes-titores Proxecto Alicerce

venres, 4 xuñ 2004

A Xunta de Goberno Local, na súa sesión de data 31 de maio, por proposta da Concellaría de Desenvolvemento Local e Emprego, aprobou o procedemento de selección de expertos docentes necesario para as accións formativas do proxecto Alicerce (posto en marcha no marco da Subvención Global do Fondo Social Europeo).

A alcaldía publica un bando sobre actos de natureza vandálica e contra as regras de convivencia cidadá

martes, 13 abr 2004

O Bando da Alcaldía lembra que cada vez que unha planta é arrancada, un banco pintado, unha papeleira rota, se está a arrancar, pintar ou rachar o patrimonio de todos os vigueses.A alcaldesa, Corina Porro, solicita a cooperación de todos e todas, para que a cidade sexa o verdadeiro lugar de encontro que queremos as e os cidadás, un espazo común e compartido do que nos sintamos orgullosos.

O director xeral de Caixanova, Julio Fernández Gayoso, é o autor do texto

Bando da Reconquista

venres, 26 mar 2004

O texto do bando lerao o seu autor no decurso do acto oficial que organiza o Concello con motivo da Reconquista o sábado día 27, ás 20 horas, no centro cultural Caixanova. Durante o acto a alcaldesa de Vigo, Corina Porro, entregara as distincións de Vigueses Distinguidos de 2004 ao Instituto de Estudios Vigueses, o Colexio San José de Cluny, María Eugenia Ayala González, Manuel Lago Martínez, Hortensia González Fernández,Juan González Pérez, Hipigal S.L. e Anxo González Ferreirae a medalla da cidade a ANFACO.