O Rexistro Municipal axiliza a entrada de documentos

luns, 13 out 2003

O rexistro do Concello de Vigo tramita desde hoxe os documentos instantáneamente, de xeito que os usuarios obteñen o número de entrada da súa solicitude no momento no que ten lugar o sellado. Deste xeito racionalízase o traballo e asegurase a inmediatez das tramitacións.

A web do Concello permite pagar os recibos a través de Internet

martes, 7 out 2003

A web municipal permite aos cidadáns pagar os recibos das taxas e impostos municipais mediante o uso do pagamento electrónico a través de Internet. O obxectivo da Concellería de Persoal, Patrimonio e Contratación é facilitarlle aos usuarios o cumprimento destas obrigas, de xeito que non teñan que desprazarse, segundo explica o seu titular, María Luísa Graña.

Anuncio de Tráfico, Seguridade e Transportes

Corte de tráfico en Velázquez Moreno

venres, 3 out 2003

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de humanización da rúa Velázquez Moreno, pecharase ó tráfico a dita rúa no treito entre as rúas Ronda de Don Bosco e Progreso a partir das 11.00 horas do luns 6 de outubro e por un período aproximado de sete semanas.

O INTELECTUAL E ARTESÁN ISAAC DÍAZ PARDO É O AUTOR DO TEXTO

Bando do Día de Galicia

xoves, 24 xul 2003

O texto do bando lerao no acto oficial do Pazo Quiñones o seu autor, Isaac Díaz Pardo, intelectual galeguista e fundador da etapa contemporánea de Sargadelos. O bando fai unha reflexión sobre a historia de Vigo e de Galicia no século XX, a partir da anécdota da saída de Castelao cara ao exilio bonaerense.