Imposto de vehículos de tracción mecánica

xoves, 18 mar 2004

Conforme co establecido no artigo 60.1 de Ordenanza fiscal xeral, aprobada por acordo do Pleno do día 25 de decembro de 1995 publicado no BOP 27 de decembro de 1995,resólvese sinalar o período de cobranza voluntaria para o padrón do Imposto de vehículos de tracción mecánica dende o 30 de marzo ao 31 de maio deste ano.

Corte ó tráfico na rúa Perú

luns, 15 mar 2004

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de canalización de telecomunicacións, estará pechada ó tráfico a rúa Perú, dende as 08.00 horas do,martes 16 de marzo, ata as 20.00 horas do sábado 20 de marzo de 2004, con acceso exclusivo para residentes.

Bases de convocatoria de subvencións para actividades socioculturais realizadas durante o exercicio 2004

venres, 5 mar 2004

A Xunta de Goberno Local, na sesión de data 23 de febreiro, aprobou as bases de convocatoria de subvencións para actividades socioculturais realizadas durante o exercicio 2004.

As solicitudes presentaranse, en impreso normalizado, a través do Rexistro Xeral no prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte á publicación do presente anuncio.

Subvencións a asociacións de interese social e asociación de maiores

venres, 5 mar 2004

A Xunta de Goberno Local na sesión de 23 de febreiro adoptou os seguintes acordos:

SUBVENCIÓNS A ASOCIACIÓNS DE INTERESE SOCIAL
Prazo de presentación da solicitudes: Dende o 11 ata o 31 de marzo de 2004.

SUBVENCIÓNS A ASOCIACIÓNS DE MAIORES
Prazo de presentación da solicitudes: Dende o 11 ata o 31 de marzo de 2004

Para máis información poden dirixirse ó Departamento de Benestar Social.

Anuncio da Concellería de Mobilidade e Seguridade

Peche de tráfico no camiño Pereiras

venres, 27 feb 2004

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de construcción do segundo cinto de Vigo, estará pechada ao tráfico a vía de acceso ao camiño Pereiras, a altura da obra, dende as 00.00 horas do luns 01 de marzo de 2004, por un período aproximado de catro meses.

Anuncio de Educación

Oferta de prazas da Escola Municipal de Teatro

xoves, 23 out 2003

O Concello de Vigo oferta, en convocatoria aberta a todas/os as/os menores interesadas/os, as seguintes prazas para o curso 2003/2004: alumnado de educación primaria (6-12 anos): 38 prazas; alumnado de educación secundaria, bacharelato e ciclos formativos de grao medio (12-17 anos): 34 prazas.