Anuncio

Corte de tráfico no camiño de Seixos

luns, 21 xuñ 2004

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras do segundo cinto de Vigo, pecharase ao tráfico o camiño de Seixos (Valadares), con acceso axclusivo para residentes, dende as 00.00 horas do mércores 23 de xuño de 2004, por un período aproximado de tres meses.

Anuncio

Cortes de tráfico

venres, 18 xuñ 2004

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de fresado e asfaltado da rúa Beiramar, cortarase o carril desta cara ao centro, no tramo entre rúa Pescadores e rúa Coruña, dende hoxe, venres 18 de xuño de 2004 en horario nocturno de 22:00 horas a 06:00 horas, e por un período aproximado dunha semana.