luns, 12 set 2011
Tras unha reunión cos resposables de Conxemar, Caballero denunciou que o Goberno central rebaixou de 200.000 a 60.000 euros a achega para a "gran feira do mar do outono no mundo"e anunciou que o Concello dará apoio financeiro á feira porque "xera unha actividade económica da maior importancia para Vigo, para Galicia e para España; que significa o mantemento dun liderado mariño moi importante por parte de Vigo e de España".
venres, 9 set 2011
Abel Caballero recibiu hoxe venres aos presidentes autonómicos de España aglutinados nesta Federación que preside Asunción Durán, encargada tamén da xestión do Auditorio Pazo de Congresos "Mar de Vigo". Reunida en Vigo, a Federación ve a cidade como un "gran destino" para o turismo de congresos. O alcalde asegurou que os seus integrantes levaron unha boa impresión da cidade.
venres, 9 set 2011
O alcalde de Vigo definiu este venres como "un dos grandes fitos da cidade" a licitación, aprobada onte en Consello de Ministros do Goberno, de obras da nova estación do AVE de Urzáiz por valor de 29 millóns de euros, a segunda licitación xa liberada. Abel Caballero apuntou que a continuidade de José Blanco na carteira de Fomento é "a mellor garantia" da Alta Velocidade viguesa.
xoves, 8 set 2011
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o delegado do Goberno en Galicia, Miguel Cortizo, mantiveron este xoves unha reunión para pasar revisión aos investimentos do Goberno de España na cidade, tras o que o rexedor vigués subliñou a "boa marcha" da tramitación para a chegada da Alta Velocidade, as autovías, a Biblioteca do Estado, a nova Comisaría da Policía Nacional e a Depuradora, que encara a "fase final" da tramitación cara a súa contratación definitiva.
mércores, 7 set 2011
Abel Caballero avanzou este mércores que o goberno local inicia o procedemento administrativo para as humanizacións de Aragón, Nicaragua, Brasil, Juan Ramón Jiménez, Pintor Colmeiro, Martínez Garrido, Ramón Nieto, Doutor Marañón e Menéndez Pelayo, cun investimento superior aos 16 millóns de euros. Estas reformas serán licitadas este ano e sumaranse aos 7,5 millóns en humanizacións actualmente en obras.
venres, 2 set 2011
Abel Caballero asinou hoxe venres un convenio con responsables da Asociación de Veciños de Teis para sufragar o funcionamento do Centro Cívico. O Concello asume a contratación do persoal, incluído o auditorio, cunha aportación de 55.000 euros, cantidade á que hai que sumar as subvencións que como asociación lles corresponde.
venres, 2 set 2011
Abel Caballero visitou hoxe venres as obras de remodelación do Centro Comercial Coia IV, nas que o Concello investiu 100.000 euros, "nunha zona comercial que abastece a unha zona de poboación moi importante". O rexedor enmarcou estas obras nas humanizacións das rúas adxacentes acometidas no anterior mandato e nas que o Concello investiu 7,8 millóns de euros. Avanzou, asimesmo, que a Xunta de Goberno deu luz verde, por un importe de 125.000 euros, ás obras de remodelación dun tramo da rúa Castelao que quedara pendente de humanizar.
venres, 2 set 2011
A contratación do servizo de información cidadá 010 foi un dos temas aprobados hoxe venres na Xunta de Goberno Local. Xunto a el, indicou o alcalde, tamén recibiron luz verde á cesión dunha vivenda municipal á unha muller vítima dos malos tratos ou á contratación do Servizo de Atención Domiciliaria á Infancia.
xoves, 1 set 2011
Abel Caballero avanzou que cooperará coa Cruz Vermella de toda a provincia para "traballar en proxectos conxuntos que poidan mellorar a política social do Concello e destacou que o Concello ocupará parte do antiguo Hospital de Cruz Vermella para actividades sociais. Así o anunciou logo de felicitar "pola súa extraordinaria labor" aos representantes de Cruz Vermella cos que hoxe xoves mantivo un encontro.
xoves, 1 set 2011
O rexedor municipal amosou hoxe xoves no Verbum a súa satisfacción polo esforzo que fan día a día os deportistas vigueses "porque son o mellor desta cidade", así o indicou durante a presentación do Programa Siareiro, acto no que reiterou a vocación do Concello de impulsar o deporte en Vigo "nun momento no que temos oito clubs en categorías de élite". Acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Gallego, Caballero agradeceu tamén a patronos e directivos o seu apoio e dedicación.