O rexedor anuncia que o Concello ocupará "para fins sociais" parte do Hospital da Cruz Vermella
Abel Caballero avanzou que cooperará coa Cruz Vermella de toda a provincia para "traballar en proxectos conxuntos que poidan mellorar a política social do Concello e destacou que o Concello ocupará parte do antiguo Hospital de Cruz Vermella para actividades sociais. Así o anunciou logo de felicitar "pola súa extraordinaria labor" aos representantes de Cruz Vermella cos que hoxe xoves mantivo un encontro.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero aceptou hoxe xoves a oferta de Cruz Vermella de ocupar parte do Hospital de Cruz Vermella para actividades sociais. Logo dun encontro con responsables desta ONG, o rexedor explicou que ademais das propias dependencias da entidade e do Centro de Día que funciona no primeiro andar "hai aínda espazo para acoller outras actividades", dixo ao tempo que engadiu que esperamos estudar conxuntamente como usar as instalacións, faremos propostas e as analizaremos. Avanzou que o Concello vai cooperar coa Cruz Vermella de toda a provincia para "traballar en proxectos conxuntos que poidan mellorar a política social do Concello". Nesta liña, proseguiu, imos manter outra reunión en dúas semanas para trazar ese camiño conxunto.
Caballero felicitou aos responsables da ONG "pola súa extraordinaria labor" e, en concreto, loubou os éxitos dos representantes de Vigo, xa que a que fora presidenta comarcal, Teresa Álvarez Qlicler, ven de ser elixida presidenta comarcal e Valentín Río foi nomeado presidente comarcal. "Saúdo con agrado estes cambios porque a nosa relación con Cruz Vermella é moi boa e así queremos que siga sendo", destacou. Enfatizou o feito de que Vigo lidere proxectos para toda a provincia porque "esa é a forma coa que, na miña opinión, debe funcionar a cidade. Vigo dirixe proxectos para Galicia en moitos ámbitos e así ten que seguir sendo", concluiu.
Descargar todas as imaxes